fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 21 Xuño 2021 08:37

NOVIDADES SOBRE A ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE.

NOVIDADES SOBRE A ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE.
 
A partir deste luns 21 de xuño a Xunta pon en marcha o trámite por vía telemática a través da web http://xuventude.xunta.es/ para que aqueles mozos e mozas que reciben a tarxeta por primeira vez e non poden desprazarse a activala. Quen opte por esta fórmula, terá que cubrir os seus datos a través da web e, nuns días, recibirá o código de identificación EYCA (European Youth Card) ao correo electrónico de referencia. Unha vez recibido, deberá anotarse o código manualmente na tarxeta, en concreto, no apartado ‘número de carné’. Este número de identificación persoal é necesario para gozar das vantaxes que ofrece esta tarxeta, tanto na comunidade galega como no resto do país ou da Unión Europea.
 
Os 36 puntos de activación dispostos pola Xunta para realizar esta xestión de forma presencial en toda a comunidade, continuarán igualmente dispoñibles. De feito, habilitáronse outros dous: o Centro  sociocomunitario da Coruña e a Residencia  Altamar de Vigo. Ambas as medidas, a activación a través de Internet e a apertura doutros dous novos puntos presenciais, súmanse á incorporación de persoal en horario de tarde para reforzar o servizo e desatascar os atrasos nas Delegacións territoriais previa cita.
 
Lembramos que no caso da OMIX de Soutomaior para acudir presencialmente o horario de atención lembren é de luns a xoves de 9 a 14 h previa cita no número de whatsAPP 638822868.

Publicado en Xuventude
Visto 67 veces