fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 29 Xuño 2021 12:41

Soutomaior fai Camiño! Campo de voluntariado.

Soutomaior fai Camiño! Campo de voluntariado.

O Concello de Soutomaior colabora coa Xunta de Galicia na Campaña de Verán deste ano impulsando este Campo de Voluntariado que se desenvolverá no municipio desde o 16 ata o 27 de xullo de 2021. Con motivo do Ano Santo Xacobeo 2021 e da promoción da iniciativa impulsada pola ONU

dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) promovemos este campo co  fin informar e dinamizar a nivel ambiental e social sobre o Camiño Portugués ó seu paso por Soutomaior, que pola súa situación e interese histórico no camiño Xacobeo, preséntase como o lugar perfecto para desenvolver esta actividade: Castelo de Soutomaior, río Verdugo e Oitavén, sendeiros e lugares de interese (Ponte Colgante, Ponte Medieval, Presa do Inferno, gastronomía, praias, cultura etc.) axudando así a poñer en valor o concello da man do traballo voluntario da xuventude galega.
 
O campo vai dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos interesados e interesadas en participar nunha experiencia medio ambiental, cultural e social a través de obradoiros de formación XACOBEA “EXPRESS” , obradoiros prácticos de contido ambiental, social, histórico e publicitario para poñer en marcha o traballo de acción ambiental e social en lugares emblemáticos do Concello de Soutomaior arredor do Río Verdugo e da Ponte Colgante e Medieval. Labores de “plogging”, información de apoio a peregrinas/os e intervencións locais puntuais, deseño de contidos para difusión temática en RRSS e creación do Blog Soutomaior fai Camiño.
 
No que tamén terán cabida as ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS durante o campo:
  • Rutas ambientais e históricas a puntos de interese do Concello.
  • Día temático Castelo de Soutomaior.
  • Obradoiros de “igualdade de xéner“, de mitoloxía galega, de relaxación.
  • Xincanas populares.
  • Excursión á Illa de San Simón con ruta mariña en Paddle Surf + piragua.

Custe: 110 € euros xeral e as persoas posuidoras do carné xove, título de familia numerosa ou familia monoparental pagarán 82,50 €.

Inscricións na web ata cubrir prazas: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/campos-de-traballo-inscricion

Prazo: ata 5 días antes das actividade (11 de xullo)

Máis información:

- OMIX Soutomaior. Tel. 986700822 – 638822868, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Tel. 981 957 115. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Servizo de Xuventude en Vigo. Tel. 986 817 079

 


Publicado en Mocidade
Visto 438 veces