Mércores, 28 Xullo 2021 08:22

Remata o campo de voluntariado "Soutomaior fai Camiño"

Remata o campo de voluntariado "Soutomaior fai Camiño"

Tras 12 días de actividade intensiva as persoas participantes no Campo de Voluntariado promovido pola Dirección Xeral de Xuventude (Xunta de Galicia) en colaboración co Concello de Soutomaior chega ó seu fin. Este martes as e os voluntarios/as chegados desde diferentes lugares (Coruña, Pontevedra, Cáceres, Córdoba e País Vasco) remataron o intenso programa de actividades. 

Os mozos e mozas conseguiron durante este tempo coñecer e gozar de todos os recursos desta zona de Galicia descubrindo todos os encantos de Soutomaior e arredores (Castelo, Monte da Peneda, Salinas, Illa e ensenada de San Simón, Xunqueira de Arcade, praias, barrios,...) a súa gastronomía e, tamén, coñecer a outras persoas coas súas mesmas inquedanzas conseguindo facer moitas amizades dentro do grupo. Tiveron ocasión de coñecer de primeira man o Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio e de interactuar con peregrinos e peregrinas facendo labores de divulgación nos puntos de referenciaen Arcade. Ademais de participar en actividades municipais como o "Camiño que nos orienta" ou na de "Padel Surf" tamén percorreron en kaiak o río Oitavén, participaron nunha visita guiada polos Xardíns e Castelo de Soutomaior e nunha visita á Illa de Cortegada, fixeron rafting en Padrón e moitas outras actividades.

Este amplo programa de actividades de lecer as persoas voluntarias centráronse nunha das principais actividades do campo, a acción voluntaria medioambiental que consistiu na eliminación de especies invasoras na zona do río Oitavén. Comezaron con estas labores participando nunha charla introductoria a cargo da Asociación A Rente do Chan na que unha persoa voluntaria pertencente a este colectivo explicoulles a problemática mentras realizaba con eles e elas un roteiro desde a Ponte Medieval ata a presa Fervenza do Inferno co fin sensibilizar a este grupo de mozos e mozas sobre a necesidade da acción e as razóns polas que ían comezar a eliminar as acacias, a limpar as zonas para que as árbores autóctonas puideran ter maior espacio, a indentificar e diferenciar a flora e a fauna autóctona e alóctona, etc. Tras esta primeira toma de contacto os mozos e mozas implicáronse e fixáronse un obxectivo delimitando unha zona na que intervir.

Os resultados do seu traballo foron excelentes. En agradecemento ó compromiso demostrado co medio ambiente e a natureza por parte deste grupo de mozos e mozas o Concello de Soutomaior despediunos cunha pequena degustación de productos na Pousada do Castelo durante a cal recibiron os diplomas de participación e tamén un pequeno agasallo en lembranza do seu paso por Soutomaior. Durante o acto Noelia Ocampo, concelleira de Xuventude e Fátima Vidal, concelleira de Educación despedíronse do grupo agradecendo a súa participación no campo de voluntariado, pois esta era a primeira edición, e animáronos/as a visitar o municipio noutras ocasións para seguir coñecendo esta zona.


Publicado en Xuventude
Visto 259 veces


Concellería de Xuventude

Novas actividades!

13-08-2021 Xuventude

Hoxe abrimos o prazo de inscrición en liñas nas escolas municipais de debuxo e pintura, de teatro e no curso de preparación das probas B1 inglés. https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Remata o campo de voluntariado "Soutomaior fai Camiño"

28-07-2021 / Xuventude

Tras 12 días de actividade intensiva as persoas participantes no Campo de Voluntariado promovido pola Dirección Xeral de Xuventude (Xunta de Galicia) en colaboración co Concello de Soutomaior chega ó seu fin. Este martes as e os voluntarios/as chegados desde diferentes lugares (Coruña, Pontevedra, Cáceres, Córdoba e País Vasco) remataron o intenso programa de actividades.  Os mozos e mozas conseguiron durante...

Mantente en forma no verán! Aquagym, bailes variados, bailes do mundo.

06-07-2021 / Xuventude

Esta semana o Concello de Soutomaior comezou con este programa que ten como finalidade ofertar actividades variadas mediante as cales poidamos facer exercizo físico e manternos en forma durante a época estival. Aproveitando os lugares de recreo e lecer de zonas de praia e río durante o mes de xullo e agosto realizaranse varias actividades en lugares diferentes do municipio. Así...

Encontro da mocidade "Influensers polo cambio". Inscricións a partir do 7 de xullo.

02-07-2021 / Xuventude

A proposta deste ano xira arredor de tres eixos centrais cos que Soutomaior quere achegar á mocidade participante á Arte Transmedia (Storytelling a través de disciplinas artísticas escénicas, plásticas e audiovisuais) ao estilo ‘influencer’ para promover os cambios sociais necesarios recollidos nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) propostos pola ONU na Axenda 2030. Para isto a proposta contempla tres bloques...

Soutomaior fai Camiño! Campo de voluntariado.

29-06-2021 / Xuventude

O Concello de Soutomaior colabora coa Xunta de Galicia na Campaña de Verán deste ano impulsando este Campo de Voluntariado que se desenvolverá no municipio desde o 16 ata o 27 de xullo de 2021. Con motivo do Ano Santo Xacobeo 2021 e da promoción da iniciativa impulsada pola ONU dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) promovemos este campo co  fin...

NOVIDADES SOBRE A ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE.

21-06-2021 / Xuventude

  A partir deste luns 21 de xuño a Xunta pon en marcha o trámite por vía telemática a través da web http://xuventude.xunta.es/ para que aqueles mozos e mozas que reciben a tarxeta por primeira vez e non poden desprazarse a activala. Quen opte por esta fórmula, terá que cubrir os seus datos a través da web e, nuns días, recibirá...