fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 08 Marzo 2016 16:43

Quedada! para ver unha peli

Quedada! para ver unha peli

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior organiza para este sábado 12 de marzo ás 20 h no Multiusos en Arcade unha Quedada! nesta ocasión o motivo é para ver unha peli: DIVERXENTE.

Esta película vai dirixida a público xuvenil e non está recomendada para menores de 12 anos.Sinopse: "DIVERGENTE" é un fascinante thriller de acción ambientado nun mundo futurista onde a sociedade está dividida en diferentes faccións baseadas nas virtudes humanas. Tris Prior (Shailene Woodley) é advertida de que é unha Diverxente e que nunca encaixarán en ningún grupo. Pero cando descobre unha conspiración encabezada pola líder dunha facción (Kate Winslet) que destruirá a todos os Diverxentes, Tris deberá aprender a confiar no misterioso Catro (Theo James) para xuntos poder averigüar por que os Diverxentes son tan perigosos antes de que sexa demasiado tarde. A entrada será de balde!
O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Mocidade
Visto 3837 veces

Medios