fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 01 Agosto 2022 14:15

O novo skatepark,que se construirá ao lado do Paseo da Diversidade, está cada vez máis preto

O novo skatepark,que se construirá ao lado do Paseo da Diversidade, está cada vez máis preto

O alcalde e a concelleira de xuventude reuníronse a semana pasada con GUrban, a empresa responsable da construción do novo Skatepark, así como co deseñador do proxecto, un profesional cunha longa experiencia que traballa en proxectos deste tipo por toda España. Na reunión estivo tamén un representante dos mozos e mozas que practican este deporte no Concello.
Desde o primeiro momento, o concello preocupouse en coñecer os gustos e necesidades de quen finalmente utilizará a diario as novas instalacións, para poder investir nun espazo que sexa útil e que, ademais, atraia a riders e skaters doutros Concellos.
O proxecto presentado pola empresa especializada finalmente foi aplaudido polo deportista. Pola súa banda, o alcalde destacou o “ben integrado” que quedará este novo skatepark.

Publicado en Mocidade
Visto 437 veces