fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 11 Abril 2016 18:11

Novas actividades! Concellería de Xuventude

Novas actividades! Concellería de Xuventude

A Concellería de Xuventude convoca novas actividades para este trimestre que vai de abril a xuño de 2016. No eido formativo para este trimestre temos programados os seguintes cursos: fotografía básica, formador/a de mediadores/as xuveníes, preparación das probas libre da ESO, operador/a de traballos verticais, monitor/a de tempo libre, inglés nivel A2 e  un curso de manipulación de alimentos.

Ademais, tamén está aberto o prazo para participar no IX Concurso Verbas para comunicar que se celebra co gallo do día das Letras Galegas e que vai dirixido a fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade de 12 a 18 anos. As bases para participar neste concurso están publicadas na web do Concello.

No mes de xuño terá lugar o 1 Torneo Amateur de Xadrez dirixido a todas as idades. Haberá unha única categoría porque non ten un carácter profesional e o sistema e ritmo de xogo será o de  torneo xuízo. Contaremos coa participación do alumnado da Escola Municipal de Xadrez e tamén participará Pablo García, campión galego absoluto e sete veces campión de España. A inscrición será de balde e estará aberta ata o 30 de maio na OMIX.

Outra novidade é o Encontro da Mocidade " San Simón 2016:  unha viaxe inesperada" que consistirá nun campamento que se realizará na Illa de San Simón os días 23,24,25,26 de agosto.  O prazo de inscrición xa está aberto e as prazas son limitadas.

E, para finalizar, neste trimestre xa se fai un avance doutras actividades como son: o Festival Danzarte, representacións de fin de curso da Escola Municipal de Teatro, concurso de karaoke, etc.


Publicado en Mocidade
Visto 3292 veces