fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 07 Outubro 2022 13:58

Un novo programa para asesorar aos/ás emprendedores/as e potenciar a empregabilidade da xente moza

Un novo programa para asesorar aos/ás emprendedores/as e potenciar a empregabilidade da xente moza

 
A partir do día 9 de novembro, e durante dúas semanas, os/as futuros/as emprendedores/as aprenderán todo o necesario para facer realidade os seus proxectos.
 
Ademais, a iniciativa contempla asesoramento para quen prefira traballar por conta allea e estea en procura activa de emprego. Axudarémoste a potenciar a túa empregabilidade e poñerémoste en contacto con empresas do teu sector.
 
Tes ata o día 20 para inscribirte. Infórmate por Whatsapp (638 822 868) ou de forma presencial na OMIX
 
Chámanos e forma parte do Programa Galicia Novo Emprende'21 da Fundación INCYDE, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e que pon en marcha Acción Laboral Vigo en colaboración co Concello de Soutomaior.
 
 

Publicado en Mocidade
Visto 491 veces