A Concellería de Xuventude convoca un curso para formar a formadores xuvenís coa finalidade de que a mocidade poida formarse para adquirir habilidades e competencias que permitan informar e transmitirlle a outros grupos de mozos e mozas información preventiva en relación a conductas de risco.
Tocaranse temas como: drogas e drogodependencias. Factores de risco e protección. Definición do rol do mediador/a xuvenil en drogodependencias. O alcohol, o tabaco, o cannabis, os psicoestimulantes. Percepción social do fenómeno das drogodependencias. Técnicas e ferramentas básicas en prevención. Patróns dominantes de ocupación do tempo libre entre a mocidade e alternativas de lecer. Recursos existentes en drogodependencias, mocidade, tempo libre. Método para a aplicación da acción preventiva. A programación dun programa de lecer alternativo como ferramenta para a prevención do consumo de drogas.
Destinatarios/as: a partir de 14 anos todas as idades.
Horario e data de realización: xoves 19 luns 23, xoves 26 e luns 30 de maio de 18.00 a 20.30 h.
Imparte: Amaina, Asociación para a promoción da saúde. Xunta de Galicia.
Custe: de balde.
Prazo de inscrición: ata cubrir prazas Duración: 10 h
Máis información e inscricións na OMIX, 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O CONCELLO DE SOUTOMAIOR