fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 24 Mai 2016 18:54

Ábrese o prazo para participar no V Concurso Karaoke 2016.

Ábrese o prazo para participar no V Concurso Karaoke 2016.

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no V Concurso de Karaoke 2016. Como en anos anteriores poderán participar persoas de todas as idades a partir dos 6 anos. Habería varias categorías: infantil, adolescente, xuvenil-adultos nas que se poderá participar de xeito individual ou en parella e unha categoría grupal na que poderán participar persoas a partir dos 6 anos. O concurso terá lugar o sábado 9 de xullo ás 22,30 h no auditorio exterior do Multiusos en Arcade (en caso de choiva dentro)

Premiarase a voz, a escenografía, a coreografía,a interpretación e tamén a propia participación no concurso, o esforzo e iniciativa, pois o concurso ten como finalidade promover a participación e a iniciativa. O concurso persegue motivar á mocidade e, público en xeral, para que se involucren nos proxectos da Concellería. Queremos promover valores como: a participación, expoñerse e actuar ante un público, ter iniciativa, creatividade e habilidades comunicativas poñendo en valor a toma de decisións e o empoderamento como un valor en positivo.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na OMIX atao o 10 de xuño. As bases e o listado de cancións xa se poden consultar na web www.soutomaior.com

Tamén se poderá participar con temas que non estén no listado sempre e cando reúnan os requisitos técnicos e teñan formato karaoke. As prazas son limitadas.


Publicado en Mocidade
Visto 2996 veces