A través do programa DEPORUARTE da Deputación de Pontevedra a Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior organiza este curso de 25 h dirixido á mocidade de 14 a 30 anos.
O break dance, tamén coñecido como breaking, b-boying ou b-girling, é un estilo de baile urbano; unha danza da rúa, unha manifestación popular xurdida na década de 1970 entre as comunidades afroamericanas e latinas de barrios neoiorquinos coma o Bronx, Queens e Brooklyn.
Obxectivos
- Adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas de break dance
- Promover alternativas de baile na xuventude
- Enfocar o break dance como actividade física deportiva saudable
Teñen preferencia as persoas empadroadas no municipio pero se quedan vacantes poden participar persoas doutros municipios da provincia. As prazas son limitadas.
As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX ata o 22 de xuño. O curso é de balde e realizarase durante o mes de xullo! Consultar horarios en www.soutomaior.com ou na OMIX 986700822