fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 29 Xuño 2016 23:27

Representacions teatrais Escola Municipal

Representacions teatrais Escola Municipal

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior clausura este primeiro fin de semana de xullo as clases da Escola Municipal de Teatro. O alumnado representará dúas obras como peche do curso. O venres 1 de xullo ás 20,30 h o alumnado dos grupos infantil e xuvenil 1 presentan a obra UNHA ESCOLA TEATRALIZADA e o sábado 2 de xullo ás 21 h o alumnado do grupo xuvenil 2 representará a obra BOOKCROSSING.

As actuacións realizaranse no Multiusos en Arcade e a entrada será de balde.

O inicio do novo curso será en outubro e o prazo de inscrición está aberto ata o mes de setembro. Información e inscricións na OMIX, 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Escola M. de Teatro
Visto 4098 veces