fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 26 Xullo 2016 14:58

Reunión con participantes e familias. "San Simón 2016, unha viaxe inesperada"

Reunión con participantes e familias. "San Simón 2016, unha viaxe inesperada"

ENCONTRO DA MOCIDADE: unha viaxe inesperada en San Simón.
Hoxe martes 26 de xullo no Multiusos tivo lugar a reunión cos participantes do encontro e coas súas familias para explicarlles o funcionamento desta actividade e presentar todas as actividades que durante os días 23,24,25,26 de agosto os mozos e mozas de 12 a 17 anos que están inscritos/as van a realizar. O encontro terá un formato de aventura onde a máquina do tempo nos levará a percorrer o mundo e os seus lugares máis recónditos. Que misterios nos agardarán nesta Illa con tanta historia?
 
A temática das actividades consistirá nunha viaxe nas que os/as participantes na súa chegada á illa, atravesarán un túnel do tempo e poderán gozar e coñecer as diferente culturas, tradicións e historia da súa contorna máis próxima sen esquencer, a relación directa coa contorna no que nos atopamos, coñecendo e gozando as posibilidades que este nos ofrece. Todas as actividades terán como fío condutor esta temática.
 
Os nosos intrépidos/as viaxeiros/as contarán cun GUÍA, que os acompañará a cada unha das épocas e dos lugares que visiten. Tamén contarán cun PASAPORTE, que lles indicará os lugares e épocas que visiten e que será selado cada vez que visiten lugares novos ou se realicen actividades rechamantes.
 
Os obxectivos que persegue a Concellería de Xuventude son promover un espazo de encontro para a mocidade onde as actividades lúdicas e educativas reforzarán valores como a convivencia, o respecto, etc.
Ademais, da web e as redes sociais o Concello habilita un blog específico onde as familias poderán ir vendo o que se fai no día a día do encontro e onde serán os/as participantes quenes se encarguen de subir esta información adquirindo así competencias dixitais que lles permitirán aprender o manexo deste instrumento. o enlace é http://xuventudesoutomaior.blogspot.com.es/
 

Publicado en Mocidade
Visto 3289 veces