fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 02 Setembro 2016 10:03

I Carreira de Orientación, Concello de Soutomaior

I Carreira de Orientación, Concello de Soutomaior

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior convoca SOUTOMAIOR ORIENTA. O deporte de orientación cumpre á perfección o dito de “mens sana in corpore sano” xa que combina pensar e moverse por un espazo aberto co uso dun plano e un compás.

É unha actividade moi boa para manter ou mellorar a forma física ao tempo que nos achega ao noso medio dun modo aventureiro. Ademais, permite compartir gustos e aficcións cos amigos e amigas así como coñecer a xente nova á que tamén lles gustan os deportes na natureza.

O lugar de realización da proba será nos arredores do campo da Feira en Arcade. Estará dirixida por monitores/as especializados do Clube de Montañeiros de Pontevedra.

 

Dirixida a todas as idades (menores de 9 anos acompañados-a dunha persoa adulta; a partir de 9 anos poden sós) pódese práctica de xeito individual ou en grupo. O nivel será de iniciación

Datas e horario: domingo 11 de setembro de 2016 de 10,00 a 13,00 h. 
Lugar: saída do Campo da Feira, Arcade. 
Custe: 1€/participante

Prazas: 40

Máis información e inscricións na OMIX (Multiusos): prazo ata o 7 de setembro.

 

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR

 
 

Publicado en Mocidade
Visto 3916 veces