fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 14 Setembro 2016 09:37

Éxito na I Carreira de Orientación organizada polo Concello de Soutomaior

Unha reunión durante as probas no Campo da Feira. Unha reunión durante as probas no Campo da Feira. / Foto: Concello de Soutomaior

Este domingo 11 de setembro realizouse esta proba na que participaron 60 persoas na modalidade iniciación longa. As idades das persoas queb participaron estaban entre os 4 anos e os 70. A participación foi na súa maioría en grupo.

A proba realizouse nos montes de Puntal e Mesacha. As persoas que participaron valoraron moi positivamente esta proba porque ademais de realizar un pouco de deporte e pasar un rato divertido e entretido coñeceron unha parte de Arcade que non é tan coñecida e que ten un alto valor paisaxístico e medioambiental.

Queremos agradecer a colaboración do Clube de Montañeiros-as Arroelo, a colaboración da Comunidade de Montes A Xesteira e tamén a colaboración da agrupación de voluntarios-as de Protección Civil de Redondela pola súa participación na organización desta proba.

Pódense ver algunhas fotos realizadas durante a proba en: 
https://get.google.com/albumarchive/103382886082081099635


Publicado en Mocidade
Visto 5033 veces