fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 21 Novembro 2016 17:05

Quedada para despedir o ano: festa Neón. Merca a túa entrada na OMIX

Quedada para despedir o ano: festa Neón. Merca a túa entrada na OMIX

O Concello de Soutomaior pon en marcha a actividade Quedada para despedir o ano: Festa Neón.

Esta proposta de dinamización xuvenil  forma parte do proxecto QUEDADA! para…  composto por unha seride de actividades lúdicas e de dinamización xuvenil destinadas á mocidade do municipio onde a principal liña de acción é o LECER E TEMPO LIBRE como espazo educativo e de aprendizaxe non formal. Vai dirixida a mozos e mozas a partir de 12 anos.

O proxecto que se enmarca dentro do Plan Municipal de Promoción da Información Xuvenil e Dinamización da Mocidade, trata de: ofrecer alternativas lúdicas, educativas e festivas para ocupar o tempo libre propiciando un lecer de calidade.

Esta proposta de carácter lúdico - festivo terá lugar o xoves 29 de decembro en horario de 18:30 a 21:30 h en Soutomaior, na Casa do Pobo da Pedreira. Para facer máis accesible a participación o Concello de Soutomaior porá autobuses de balde de ida e volta desde Arcade e desde diferentes puntos do Concello.  

Para poder acudir á quedada será imprescindible mercar a entrada previamente na OMIX (1€) porque o aforo é limitado. No momento de mercar a entrada darase toda a información sobre o servizo de autobuses: horarios e paradas.

Queremos que a mocidade participe desde o primeiro momento na Quedada, por iso, na entrada  aparece un código QR que unha vez escaneado co móbil serve para acceder a  web onde se poden pedir os temas: Pide unha canción

A programación para ese día está baseada no dinamismo e participación da mocidade a través de:

  • Sesión  - obradoiro de DJ
  • Obradoiro body paint
  • Concurso Bottle flip
  • Obradoiro mural fluor
  • Obradoiro de limonadas e refrescos fluor

E como nesta ocasión a Quedada será fluor crearemos unha atmósfera realmente especial con todo tipo de materiais fluorescentes que brilarán ao apagar as luces ou montar iluminacións específicas.

Máis información sobre o proxecto Quedadas! para...


Publicado en Mocidade
Visto 6829 veces