fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 14 Decembro 2016 11:15

Premios concurso postais Nadal e Teatro de Ningures

Premios concurso postais Nadal e Teatro de Ningures

SÁBADO 17 Ás 19,00 HORAS  MULTIUSOS DE ARCADE - ENTREGA PREMIOS CONCURSO POSTAIS DE NADAL – TEATRO DE NINGURES

O Concello de Soutomaior entregará os premios os gañadores do XV Concurso de Postais de Nadal. Este concurso ten como obxectivo apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e fomentar o desenvolvemento da capacidade creativa. Aproveitando as datas de Nadal o concurso ofreceu a posibilidade de presentar unha postal de felicitación para estas datas.

A creatividade e orixinalidade, xunto coa innovación no uso de materiais e técnicas empregadas para elaborar as postais son os aspectos nos que o xurado se fixou para determinar cales foron as postais premiadas para o presente ano.

Establecéronse dúas modalidades: simple e voluminosa. Dentro de cada modalidade haberá cinco categorías distribuídas por idades a partir dos 2 anos en diante.

Antes da entrega de premios haberá unha actuación de Teatro de Ningures coa súa obra “Ou Ogrocho”.

Esta obra representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nun bosque. O día que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza: el é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada. O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, tenta reconciliarse co seu parte oculta, dominar os seus instintos e parecerse aos demais. Para iso terá que superar varias probas.


Publicado en Mocidade
Visto 2536 veces