fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 26 Decembro 2016 13:32

Quedada xuvenil para despedir o ano

Quedada xuvenil para despedir o ano

Xa faltan moi poucos días para a quedada do xoves 29 de decembro . Nesta ocasión como se trata de despedir o ano temos preparada unha actividade festiva onde a atmósfera fluor será o escenario para a realización de obradoiros de DJ, body paint, concurso de bottle flip, murais Neón, e moita música Para participar tes que ter 12 anos ou máis e mercar a entrada na OMIX antes dese día.

A quedada será na Casa do Pobo da Pedreira e haberá autobuses desde o Cruce de Pierres e desde outros puntos do Concello. Xa podes comezar a participar e a propoñer a música que che gustaría escoitar ese día. Pincha neste enlace: Pide unha canción

Máis información na OMIX, Multiusos


Publicado en Mocidade
Visto 3793 veces

Medios