fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 18 Xaneiro 2017 10:30

Mesa de orientación académica e profesional. Programa municipal "Decide o teu itinerario"

Mesa de orientación académica e profesional. Programa municipal  "Decide o teu itinerario"

Decide o teu itinerario, é un programa municipal de orientación acádemica e profesional dirixido a alumnado de 4º da ESO e de bacharelato que estude no Concello de Soutomaior.

Os obxectivos pedagóxicos son:

Identificar os propios intereses e motivacións.Coñecer a oferta formativa e as posibles saídas profesionais.Distinguir os diferentes itinerarios formativos necesarios para acceder a unha determinada ocupación.Explorar as saídas profesionais asociadas a unha formación.Desmitificar as profesións e estudos

Contidos: os intereses e motivacións. A exploración ocupacional e a elección formativa.

A metodoloxía usada é a de mesa redonda de experiencias: expositiva, exploratoria e participativa. Coa que se pretende complementar o traballo realizado nos departamentos de orientación partindo de experiencias reais de vida na que participan unha selección de profesionais externos ao centro de distintos sectores produtivos para expor como foi o seu proceso de toma de decisións, cal foi a súa decisión e cal é a súa situación actual.

Así, o alumnado poderá coñecer diferentes ocupacións e desmitificar moitos prexuízos. Tamén analizar erros que se poden cometer cando nos se identifican ben os intereses profesionais, cando un non se orientada axeitadamente ou cando se descoñecen as ocupacións máis afíns aos propio intereses e capacidades.  

A valoración xeral destas experiencias por parte do alumnado soe ser moi positiva porque lle permite achegarse a contextos reais moi diversos e observar en primeira persoa como enfocaron outras persoas unha vivencia similar de incertidume á que eles se enfrontan na actualidade.

Este xoves 19 de xaneiro de 16,30 a 17,45 h iniciarase o programa coa mesa de experiencias que terá lugar no centro educativo Santiago Apostol.

Modera a mesa:

  • Sonia Pintos, técnica Municipal de Xuventude

Participan:

  • Andrea Picón Costa: psicóloga, psicomotricista,experiencia laboral con menores con NEE e programadas de educación familiar
  • Kiko da Silva Irago: Historietista, director do Garaxe Hermético (Escola profesional de banda deseñada)
  • Javier Rielo Rodriguez: enxeñeiro técnico industrial,maquinista de ferrocarril.
  • Beatriz Collazo Martínez: Traductora e interprete.

 

 


Publicado en Mocidade
Visto 3242 veces