fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 23 Xaneiro 2017 16:05

Prepárate para as probas libres da ESO

Prepárate para as probas libres da ESO

Está aberto o prazo de inscrición para preparse para as probas libres da ESO. O Concello de Soutomaior convoca un curso dirixido a maiores de 18 anos que non teñan esta titulación para que poidan estudar os contidos que se integran no programa de educación de persoas adultas da Xunta de Galicia coa axuda dunha profesora que lles prestará apoio ás persoas interesadas en presentarse aos exames das probas libres para a ESO. Os ámbitos  serán: o científico - tecnolóxico, o  o da comunicación e o social.

Os exames serán en primeira convocatoria en maio e en segunda convocatoria en setembro. Para obter o título haberá que ter os tres ámbitos aprobados.

 

  • Destinatarios/as: a partir de 18 anos
  • Datas:  desde febreiro ata maio.
  • Horarios:luns e xoves de 18,30 a 20,30 h
  • Cota: 30 € empadroado/as // 60 € non empadroados/as. Pódese pagar fraccionado:
  • 1º COTA: FEBREIRO – MARZO ...... 15 €/30€
  • 2º Cota:  ABRIL – MAIO ....................15 €/30€
  • Lugar: Multiusos, Arcade.
  • Prazo de inscrición: ata 31 de xaneiro

 


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

2017 Inscrición Preparatorio ESO.pdf (696 Descargas)
Visto 2430 veces