Esta formación con prácticas en empresas neste sector laboral con alta demanda ten como obxectivo capacitar ás persoas que participen para a realización das tarefas propias deste posto de traballo. A alumnado aprenderá a limpar, arranxar as habitacións e a desenvolverse como camareiro/a en aloxamentos de hostelería.
O curso ten unha duración de 60 h, 30 teóricas para falar das empresas comerciais e institucionais neste sector, atención á clientela, calidade, seguridade e hixiene, lavandería, etc; a continuación comezarase a fase práctica de 30 h que se levará a cabo en empresas para que o alumnado practique o aprendido.
Vai dirixido preferentemente a mozos e mozas a partir dos 16 anos e tamén a toda aquela persoa interesa en formarse nesta profesión.
As prazas son limitadas. O prazo de inscrición remata o 2 de febreiro. Para participar haberá que inscribirse previamente na OMIX.