fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 30 Xaneiro 2017 20:16

Curso oficial de monitor/a de tempo libre (350h)

Curso oficial de monitor/a de tempo libre (350h)

O Concello de Soutomaior convoca un curso de monitor/a de tempo libre. O alumnado cando remate o curso obterá unha titulación expedida pola Xunta de Galicia que lle permitirá traballar no eido da animación e do tempo libre. A duración do curso é de 350 h, das cales 200 son teórico - prácticas e 150 h de prácticas en empresas de animación e tempo libre. Comeza o 4 de marzo e remata o 21 de maio en horario de fin de semana, os sábados de mañá e de tarde e os domingos pola mañá. Durante o curso o alumnado ademais de ver os contidos teóricos sobre as áreas de aire libre e medioambiente, saúde, organización e recursos, psicopedagoxía e animación tamén porá en práctica o aprendido mediante a realización de actividades dirixidas polo equipos de monitores/as que impartan as clases.

Para participar neste curso hai que ter como mínimo 18 anos e a ESO ou EXB. As prazas son limitadas e haberá que inscribirse previamente na OMIX antes do 20 de febreiro.

 


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

2017 Inscrición Monitor Tempo Libre.pdf (770 Descargas)
Visto 3141 veces