fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 17 Marzo 2017 09:47

Campamentos de Verán da Lanzada

Campamentos de Verán da Lanzada

O Concello de Soutomaior, a través o seu a Concellería de Xuventude, acaba de abrir o prazo de inscrición para os campamentos de verán organizados pola Deputación de Pontevedra. Para este ano, Soutomaior ten asignadas 21 prazas no Campamento  que terá lugar no Centro de Vacación da Lanzada. O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de abril. As persoas interesados dispoñen ata o próximo 29  de marzo para realizar as súas solicitudes na Oficina de Información Xuvenil (OMIX).

O campamento de verán celebrarase no Centro de Vacacións da Lanzada e desenvolverase en once quendas de sete días cada unha. Nel, os/as participantes gozarán de actividades variadas, como teatro, contacontos, xogos e deportes, actividades artísticas e culturais, entretemento nocturno, sensibilización ambiental, actividades na praia... Pódense inscribir todos os nenos e nenas que teñan o seu domicilio habitual en calquera municipio da provincia de Pontevedra. Este campamento está dirixido a nenos nados entre o 2004 e o 2009, de 8 a 13 anos.

Dada a alta demanda coa que habitualmente contan estes campamentos, realizarase un sorteo entre todos os/as solicitantes para adxudicar as prazas dispoñibles en cada unha das actividades e no que se dará prioridade aos nenos que non participaron nelas o pasado ano. O campamento ten un custo de 100 euros e reservaranse 300 prazas para menores en risco de exclusión social sen custe.

Para inscribirse nalgunha destas actividades os/as interesados deberán presentar unha fotocopia do DNI do pai/titor, unha fotocopia do DNI do menor ou ben do libro de familia, unha fotocopia do cartón sanitario e un certificado ou volante de empadroamento. Os/as interesados en realizar a súa solicitude ou recibir máis información poden facelo chamando ao teléfono 986 700 822, no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos de Arcade todas as tardes de 15:30 a 20:30 agás os mércores de 09:00 a 14:00.


Publicado en Mocidade
Visto 2660 veces