fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 19 Xuño 2015 11:05

E clausura das Escolas Artísticas

VII Festival Danzarte

VII Festival Danzarte

O Concello de Soutomaior clausura hoxe o curso das súas Escolas Artística Municipais co VII Festival DanzArte.

Unha exhibición na que os máis de 150 alumnos das actividades organizadas pola Concellería de Xuventude demostran os coñecementos adquiridos durante o ano.

DanzArte é un festival co que o Concello de Soutomaior pretende dar a coñecer entre os máis novos do municipio as actividades que as escolas artísticas organizan durante todo o ano.

Durante a exhibición participarán, entre outro, os alumnos das escolas de bailes latinos, baile moderno, danza do ventre e guitarra, ademais dos nenos e nenas das escolas de debuxo e pintura, que inaugurarán unha exposición que recolle os mellores traballos que os pequenos realizaron durante este curso.

-Multiúsos de Arcade. Venres 19 de Xuño ás 21,30 horas


Publicado en Mocidade
Visto 3848 veces