Xuventude
Xuventude +
Axenda Xuventude
CURSOS

ata:24 Feb 2023

ata:08 Mar 2023

ata:08 Mar 2023

ata:31 Mar 2023

ata:05 Mai 2023
OBRADOIROS

Do: 26-02-2023
ó: 26-02-2023
ata: 08 Feb 2023

O Concello de Soutomaior comunica que xa está aberto o prazo para participar nos campamentos de verán ofertados pola Xunta de Galicia. A oferta da Campaña de Verán 2017 estrutúrase en seis eixes: os campamentos para menores de 18 anos, campamentos noutras Comunidades Autónomas, as actividades para maiores de 18 anos, a oferta concertada, os campos de traballo e a programación para mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.
Para inscribirse nos campamentos organizados nas instalacións xuvenís galegas para mozos e mozas entre 9 e 17 anos poden entregar e cubrir a súa solicitude na OMIX. Os/as participantes nestes campamentos realizan actividades centradas na natureza, no deporte, o voluntariado ou o tempo libre, entre outras. Pódesense escoller campamentos en toda a xeografía galega e tamén noutras comunidades autónomas como por exemplo País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e, como novidade, Cantabria. O prazo de inscrición remata o 2 de maio.
Ademais, a partir do 21 de abril tamén se poderán presentar as solicitudes para participar nos campos de traballo encamiñados a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno a través de actividades levadas a cabo en todas as rexións de España e noutros países como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea do Sur ou Xapón. Nestes campos ofréceselles aos mozos e mozas unha alternativa de lecer e tempo libre baseada no intercambio de coñecementos e culturas, na práctica de deportes e na visita a lugares de interese turístico, histórico ou cultural.
Para mozos e mozas en idades comprendidas entre os 18 e 30 anos tamén se ofertan 240 prazas nas seguintes actividades:
ACTIVIDADES DA 1ª QUENDA
Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Lugo. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Camiño Francés), ata Compostela.
O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar.
ACTIVIDADES DA 2.ª QUENDA
Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Ourense. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Vía da Prata ou Sanabrés) ata Compostela.
O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar.
As mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
Máis información e inscrición na OMIX, Tel . 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou en www.xuventude.net
Xuventude
17-01-2023 / Xuventude
Despois de case tres meses, comezamos a revisar as propostas depositadas nas urnas do Plan Noctámbulas. Esta iniciativa buscaba a participación da mocidade do Concello, convidándoos a dar ideas de...
25-10-2022 / Escola M. de Teatro (Xuventude)
Os/as alumnos/as das escolas municipais de teatro empezaron este curso con moita enerxía. As primeiras sesións están indo vento en popa con moi bo ambiente nos grupos e moitas ganas de...
07-10-2022 / Xuventude
A partir do día 9 de novembro, e durante dúas semanas, os/as futuros/as emprendedores/as aprenderán todo o necesario para facer realidade os seus proxectos. Ademais, a iniciativa contempla asesoramento para...
14-09-2022 / Xuventude
Menuda fin de semana pasamos co festival Xente Miúda! Durante dous días o Multiúsos tivo animación case constante con obradoiros, espectáculos, música e baile para todos. O festival Xente Miúda foi un...
01-08-2022 / Xuventude
O alcalde e a concelleira de xuventude reuníronse a semana pasada con GUrban, a empresa responsable da construción do novo Skatepark, así como co deseñador do proxecto, un profesional cunha...
21-07-2022 / Xuventude
A Omix mantén a campaña de adhesión ao carné Xove que nos últimos meses logrou máis de 30 novas adhesións e que os pasados días 8 e 9 de xullo...
19-07-2022 / Deseñando o teu futuro
O programa ‘Deseñando o teu futuro’ empezou a semana pasada. O obxectivo é que un grupo de mozos/as do Concello explore os seus intereses e talentos a través dun programa...
11-07-2022 / Xuventude
Seguimos ofrecendo alternativas de lecer para que a xente moza non teña que saír buscalas fora do Concello. O sábado celebramos o Festival SoutoMareiro. Chaleco Reflectante, Grande Amore e EME DJ...
Xuventude +