fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 25 Abril 2017 20:13

Últimos días para inscribirse

Curso de monitor/a acompañante de comedor escolar

Curso de monitor/a acompañante de comedor escolar

O Concello de Soutomaior convoca un curso de monitor/a acompañante de comedor escolar dirixido á mocidade do municipio co fin de mellorar a empregabilidade deste colectivo ofrecendo formación neste campo laboral con alta demanda. O curso ten unha duración de 40 h das cales 20 h será para a realización de prácticas en comedores escolares tanto no horario de matinal como no horario do xantar. As persoas que participen poderán formarse para desempeñar este posto de traballo e adquirirán as competencias básicas propias do posto.

Durante a formación trataremos os obxectivos dos programas escolares Referencias lexislativas.  Funcións, competencias e habilidades  dos/as monitores/as Escolares. Características psicolóxicas e físicas dos/as nenos/as. Necesidades Educativas Especiais. Alimentación e nutrición. Hábitos saudables. Trastornos alimentarios e especiais. Boas prácticas na manipulación das comidas preparadas e alérxenos. Planificación do servizo de comedor  e actividades. Prevención de accidentes e primeiros auxilios. Relacións interpersoais.

  • Datas e horario da parte teórica: martes e venres de 16,30 a 20,30 h os días 2,5,9,12,19 de maio.
  • Matrícula: 15 € empadroados/as; 50 € non empadroados/as.
  • Prazo de inscrición: ata 28 de abril. Prazas limitadas (mínimo 15 máximo 23)

 

A inscrición realizarase na OMIX (Multiusos, Arcade). Tel. 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Mocidade
Visto 2028 veces