fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 02 Mai 2017 20:18

Obradoiro sobre técnicas de estudo: aprende a aprender

Obradoiro sobre técnicas de estudo: aprende a aprender

 

Os hábitos de estudo, a motivación e as técnicas que usamos son factores moi importantes á hora de enfrontarse a un exame ou proba.O Concello de Soutomaior pon en marcha un obradoiro dirixido á mocidade para traballar a competencia de aprender a aprender.

Partiremos da análise individual da forma de estudar, onde e como estudar, revisión de obxectivos individuais de estudo e os fallos que cometo, motivación e aplicación de técnicas efectivas, aprender a aprender, o traballo en grupo, como sacarlle partido ás diferentes intelixencias múltiples, técnicas de relaxación e autocontrol ante as tensións provocadas polos exames.

Todo isto realizarase de xeito moi práctico para que os mozos e mozas poidan sacarlle o máximo partido a todas as técnicas aprendidas e xa as poidan aplicar.

Organizamos o obradoiro en dous grupos:

Grupo 1: 5º e 6º primaria

Data e horario: luns 8,15,22,29 maio de 16,30 a 18,00 h

Grupo 2: 1º e 2º ESO

Data e horario: luns 8,15,22,29 maio de 18:00  a 19:30 h

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. O prazo de inscrición remata o 4 de maio na OMIX ou ata cubrir prazas (máximo 12/grupo)

 


Publicado en Mocidade
Visto 2127 veces