fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 04 Mai 2017 20:04

Ven a xogar: xincana literaria letras galegas 2017

Ven a xogar: xincana literaria letras galegas 2017

O sábado 13 de maio o Concello de Soutomaior organiza unha XINCANA LITERARIA n a Alameda Talorío de 16,30 a 19 h

A xornada estará cargada de sorpresas. Comezaremos coa xincana literaria  que contará con seis estacións polas que as persoas que participen irán pasando superando unha serie de probas onde se conseguirán as pistas para adiviñar a un/ha escritor/a galego/a.

Pero, tamén haberá xogos tradicionais galegos, grandes xogos con paracaídas e a proba final que será a Xincana do Castelo que será a gran estación, onde tamén haberá que ir superando probas para conseguir o "premio final" que é a conquista do Castelo de Soutomaior. 

Destinatarios/as: desde 4  a 14 anos (participarase en grupos de idades).

Colaboran na organización desta actividade o equipo de monitores/as do curso de tempo libre que se está levando a cabo no Concello en colaboración co alumnado do mesmo.

Anímate a participar e a poñer a proba os teus coñecementos sobre a cultura galega e os grandes escritores/as.

Para participar haberá que inscribirse previamente na OMIX, Tel. 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Publicado en Mocidade
Visto 1873 veces