fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 10 Xullo 2017 11:03

A ritmo da Rianxeira finaliza o VI Concurso de karaoke 2017

A ritmo da Rianxeira finaliza o VI Concurso de karaoke 2017

Animadamente e a ritmo da Rianxeira e coreando  "ondiñas veñen e van" todas as persoas participantes xunto co Alcalde, Agustin Reguera e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, pecharon a sexta edición do concurso de karaoke, 2017.

Nesta edición participaron 21 persoas que se distribuiron por idades nas diferentes categorías: infantil, adolescente e xuvenil adulta. Con tres premios en cada categoría: mellor voz, mellor interpretación e mellor caracterización o xurado non o tivo fácil porque este ano houbo moita creatividade e novidades no escenario. Obssérvase como a mocidade se vai implicando cada ano un pouco máis e prepara moito as súas actuacións variando as súas coreografías, introducindo elementos que melloran a caracterización e animando ao público a cantar e aplaudir.

O xurado composto por membros cun perfil moi variado, para así atender pluralmente a diversidade de criterios a valorar en cada actuación. Composto por: Tamara González Campos (profesora de teatro), Martin Martinez Rodríguez (actor), Olga Castellano (presidenta de Mulleres Rurais Anduriña) e Carlos Albal (membro da Escola de Música de Arcade).

Despois de deliberar  o xurado acordou premiar ás seguintes persoas nas seguintes categorías:

CATEGORÍA INFANTIL (5 - 11 anos)

INDIVIDUAL 

  • Mellor voz - Sara Casal Pazos
  • Mellor interpretación - Andrée Figueroa Lusquiños
  • Mellor caracterización - Borja Martínez Ocampo

PARELLA

  • Mellor interpretación -  Carla Gándara Casal e Candela Casal

 

CATEGORÍA ADOLESCENTE (12 - 17 anos)

INDIVIDUAL

  • Mellor voz - Carla Mª Corujeira Veiga
  • Mellor Interpretación - Sara Buceta Díaz
  • Mellor caracterización - deserto

PARELLA

  • Mellor voz - Uxía Brito e Antía Brito
  • Mellor intepretación - David Alján e Javier Figueroa
  • Mellor caracterización - Hugo González e Javier Barciela

 

CATEGORÍA XUVENIL/ADULTA (+ 18 anos)

INDIVIDUAL

  • Mellor voz - María Auxiliadora Martínez Groba
  • Mellor interpretación - Natalia Rosendo
  • Mellor caracterización - Ana María Mos Barros

 

Desde o Concello quérese agradecer a participación de toda a mocidade que cada ano se implica máis nesta actividade de lecer  facendo unha mención especial á presentadora Iria Vázquez que este ano se animoi a participar pero cun rol distinto. Foi ela a que presentou como voluntaria para presentar o concurso encargándose de animar ó público contribuíndo a que a noite resultase ser moi especial.

 

Todas as fotos en: Facebook - Xuventude


Publicado en Mocidade
Visto 2674 veces