fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 10 Xullo 2017 13:57

Multiaventura: actividades náuticas para a mocidade

Multiaventura: actividades náuticas para a mocidade

Para o xoves 20 de xullo o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Xuventude oferta un pack de actividades de multiaventura dentro da súa programación de verán dirixida a mozos e mozas de 12 a 30 anos. 

Durante todo o día, parando para xantar nunha praia, realizaremos actividades como vela lixeira, windsurf, banana e donut náutico nunha xornada de día enteira nas costas de Moaña.

As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX antes do 14 de xullo ou ata cubrir prazas. As prazas son limitadas.

A actividade ten un custe de 15 euros para empadroados/as e de 48 euros para non empadroados/as. 

 

 


Publicado en Mocidade
Visto 2789 veces