fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 28 Setembro 2017 16:06

Comenzo en outubro >>

Inicio das Actividades Creativas e Escolas Municipais Artísticas

Inicio das Actividades Creativas e Escolas Municipais Artísticas

O Concello de Soutomaior inicia  as actividades artísticas e creativas programadas para o curso 2017/2018 en outubro. Estas actividades van dirixidas fundamentalmente a público xuvenil pero tamén hai grupos para persoas adultas que estén interesadas en formarse nestes ámbitos:

 

BAILAS?
Actividade de baile e movemento

  • Destinatarios: maiores de 12 anos
  • Datas e horario:  martes de  20 a 21 h
  • Custe trimestre: 15 € empadroados/as; 30 € non empadroados/as.
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
  • Forma de pago: realizarase entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada trimestre mediante ingreso bancario. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 18/grupo. Comezamos en outubro
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.

 

BAILES LATINOS

  • Destinatarios: maiores de 12 anos
  • Datas e horario:  martes de  21 a 22 h
  • Custe trimestre: 15 € empadroados/as; 30 € non empadroados/as.
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
  • Forma de pago: realizarase entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada trimestre mediante ingreso bancario. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 18/grupo. Comezamos  en outubro
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.

 

DANZA DO VENTRE

  • Destinatarios: maiores de 14 anos
  • Datas e horario: xoves de 21 a 22 h
  • Custe: 15 € empadroados/as trimestre; 30 € non empadroados/as trimestre.
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
  • Forma de pago: realizarase entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada trimestre mediante ingreso bancario.  Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 18/grupo. Comezamos o en outubro

 

SOUTONEWS
Magazine xuvenil en inglés

  • Obxectivos: adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar con maior fluídez e mellorar a pronunciación e a axilidade.
  • Contidos: é un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Guiados por unha profesora de  nivel nativo, idearán as novas, redactarán os contidos para logo coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravar as seccións cos diálogos subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións,etc.
  • Custe: 10 €/mes empadroados/as; 30 €/mes non empadroados/as.
  • Forma de pago: consultar na OMIX
  • Prazas: 12/grupo

Grupos

  • Grupo 1: de 12 a 15 anos: Venres de 16:00 a 17:30
  • Grupo 2: de 16 a 25 anos: Venres de 17:30 a 19:00

 

GUITARRA ESPAÑOLA

Composición propia de cancións partindo da guitarra, estructurando os acordes e os ritmos en función das partes do tema (intros ,estrofas, estribillos, pontes...etc). Elaboración de letras e melodías vocais que leven e sintonicen coa mensaxe/historia que queremos contar.

As persoas que escollan a opción de 2 h/ semana completarán o traballo con arranxos rítmicos e melódicos con outros instrumentos (percusión, batería, baixo, teclado, e instrumentos electrónicos, samplers, caixas de ritmos...) para ampliar o panorama sónico da canción. Introdución ós elementos básicos da gravación dixital, tarxetas de son, microfonía, técnicas.Gravación e produción das canción traballadas nas sesións.

  • Contidos: clases de guitarra española.
  • Destinatarios/as: a partir de 7 anos
  • Forma de pago: consultar na OMIX
  • Prazas: 10/grupo. Outubro a maio
  • Lugar: Multiusos, Arcade.

Grupos:

  • Grupo iniciación
  • Grupo intermedio
  • Grupo medio/avanzado

Custe 1h/semana: 

  • Empadroados-as menores de 35 anos 12 €/ mes e empadroados-as maiores de 35 anos 15€/ mes.
  • Non empadroados –as 30 €/ mes.

Custe 2 h/semana: (sempre que haxa grupo*)

  • Empadroados-as menores de 35 anos 24 €/ mes e empadroados-as maiores de 35 anos 30€/ mes.
  • Non empadroados –as 60 €/ mes.

 

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA

  • Contidos:  iniciación á creatividade e debuxo e pintura. Clases organizadas por itinerarios
  • Destinatarios/as: para participar non se esixe nivel previo nin formación básica, xa que damos a posibilidade de iniciarse desde a base ou de avanzar e experimentar.
  • Profesorado:  Concepción Peleteiro Pedraza e Fabián Piñeiro Portela.

Itinerario 1: ESPERTANDO A CREATIVIDADE

  • Idades: 4 a 7 anos
  • Horarios: venres de 16:00 A 17:00 h

Itinerario 2: INFANTIL debuxo e pintura

  • Idades: 8 a 11 anos
  • Horario:  venres de 17:00 a 18:30 h

Itinerario 3: XUVENIL debuxo e pintura

  • Idades: 12 a 18 anos
  • Horario: venres de 18:30 a 20:30 h

Itinerario 4: ADULTO  debuxo e pintura

  • Idades: a partir de 18 anos todas as idades
  • Horario: venres de 18:30 a 20:30 h


A actividade comeza en outubro e remata en maio. Ten preferencia o alumnado do curso anterior.

Custe EMPADROADOS/AS menores de  35 anos:

  • outubro/novembro 15 €    
  • decembro/xaneiro 15 €
  • febreiro/marzo 15 €    
  • abril/maio 15 €

Custe EMPADROADOS/AS maiores de  35 anos:

  • outubro/novembro 25 €    
  • decembro/xaneiro 25 €   
  • febreiro/marzo 25 €    
  • abril/maio 25 €

............................................

Custe NON EMPADROADOS/AS:

  • outubro/novembro 36 €   
  • decembro/xaneiro 36 €  
  • febreiro/marzo 36 €    
  • abril/maio 36 €  

 

  • Forma de pago: mediante ingreso bancario que se realizará entre o día 1 e 5 do primeiro  mes de cada bimestre. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 12/grupo
  • Lugar: Multiusos, Arcade.

 

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Grupos:

  • Grupo Infantil: 4 a 8 anos; sábados de 12:00 a 13:30 h.
  • Grupo Xuvenil 1: 9 a 12 anos; venres de 20:00 a 21:30 h
  • Grupo Xuvenil 2: 13 a 17 anos; venres de 21:30 a 23:00 h

 

  • Destinatarios/as: nenos/as e mozos/as de 4 a 17 anos
  • Pago: 12 €/bimestral empadroados/as; 24€ bimestral non empadroados/as. A actividade comeza en outubro e remata en xuño. Ten preferencia o alumnado do curso anterior.
  • Forma de pago: mediante ingreso bancario que se realizará entre o día 1 e 5 do primeiro  mes de cada bimestre. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 20/grupo.

 

As prazas cubriranse por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Máis información e inscricións na OMIX, Tel 986700822 , Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Mocidade
Visto 3353 veces