fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 02 Outubro 2017 21:06

Haberá exposicións de xoguetes en audiovisual

Obradoiro de xoguetes creativos con materiais de refugallo

Obradoiro de xoguetes creativos con materiais de refugallo

O Concello de Soutomaior organiza un obradoiro de Xoguetes Creativos con materiais de refugallo enmarcado dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.

Vai dirixido a persoas en idades comprendidas entre os 10 e os 99 anos ás que lle apeteza pasar un rato entretido e aprender a elaborar xoguetes divertidos. 

Xeral: Aprendemos a valorar o xogo tradicional como elemento transmisor de cultura e de creación de encontros interxeracionais entre infancia, adolescentes e adultos, fomentando a capacidade creadora a través de actividades lúdicas que os conduzan á creación, produción e fabricación de xogos e xoguetes con material de refugallo. Haberá exposicións de xoguetes en audiovisual.

A duración é de 16 h que se repartirán en sesións de 2 h un día á semana. As clases comezarán na semana do 26 de outubro e rematarán na semana do 16 de decembro. As prazas son limitadas e de balde. As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX, tel 986 700 822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  

A inscrición estará aberta ata o 17 de outubro. Consultar horarios e días na OMIX.

 


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

17-Solicitude-Tecendo-Lazos-231-066.pdf (354 Descargas)

Información adicional

Visto 3232 veces