fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 16 Novembro 2017 19:19

Excursión a PERLIM: Parque temático de Nadal

Excursión a PERLIM: Parque temático de Nadal

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal 2017 organiza para o xoves 28 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado en Santa Maria da Feira (Portugal).

PERLIM é un lugar para soñar e imaxinar, onde os seus habitantes teñen características únicas e máxicas nun espazo que ten un século de existencia e serve como telón de fondo perfecto para pasar un día rodeados de historias inspiradoras, alegres e contaxiosas nunhas datas tan entrañables como as do Nadal. Un lugar perfecto para compartir ilusión e tamén para divertirse porque conta con máis de vinte áreas temáticas!, Teatros Musicais, Grandes Formatos escénicos, Escenarios Interactivos, Atraccións, Espectáculos Piromusicais, Ilusionismo Circulante, e ¡moito, moito máis!.

Por todo isto, desde o Concello animamos aos veciños e veciñas a participar nesta viaxe cargada de maxia. A duración será dun día durante o cal se visitará todo o parque incluíndo o custe: a entrada, o xantar, desprazamentos en autobús e seguros de viaxe. O custe da excursión varía en función das idades, por exemplo, no caso de empadroados/as será: de 0 a 2 anos de balde; de 3 a 15 anos 15€; de 16 anos en diante 20€. Contemplándose as seguintes bonificacións para as familias con varios/as fillos/as, asi o segundo fillo/a terá un desconto do 50% e o terceiro non pagará.

Haberá dúas paradas de autobús, unha na Casa do Concello ás 10,00 h e outra ás 10,15 no Cruce de Pierres. O horario de chegada ao Concello será aproximadamente arredor das 22h.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición pecharase o 15 de decembro de 2017. As inscricións formalizaranse na OMIX, Tel. 986700822


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

17-inscricion-excursion-perlim.pdf (537 Descargas)
Visto 3562 veces