Martes, 26 Decembro 2017 19:10

Este xoves 28 de decembro, cine no Multiusos: NERVE

Este xoves 28 de decembro, cine no Multiusos: NERVE

Este xoves 28 de decembro o Concello de Soutomaior porxectará a película "Nerve, un xogo sin regras" en horario de 19:30 - 21:00 no Multiusos (Arcade). A película vai dirixida a público xuvenil  e trata sobre unha moza que comeza a concursar nun xogo en liña que deixará de ser divertido cando comece a xogarse a súa propia vida. Ata onde será a protagonista capaz de chegar? Unha película que convida á reflexión sobre o uso das novas tecnoloxías por parte da mocidade e das súas consecuencias negativas cando non se fai un uso responsable das mesmas.

 


Publicado en Xuventude
Visto 2392 veces


Concellería de Xuventude

XIX Concurso de Postais e Felicitacións …

20-11-2020 Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca a XIX edición do Concurso de Postais e Felicitacións das festas de Nadal e Aninovo co que se pretende promover a reflexión sobre o significado...

Campaña "Heroínas e Heroes con máscara"

12-11-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior con esta campaña dirixida á mocidade quere promover a sensibilización sobre o uso da máscara cando compartimos espazos con outras persoas coas que non convivimos e non podemos manter a distancia de seguridade. Aínda que non é o único  elemento preventivo fronte á pandemia COVID-19 é un dos importante para evitar os contaxios e que se...

Actividades de Xuventude para o 4º trimestre. Prazo aberto desde 1/09/2020

19-08-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición en liña das Escolas de Teatro, Debuxo e Pintura, Guitarra española, Latinos, Danza do Ventre e Danzas Urbanas HIP HOP. Este ano tamén se convoca a actividade de inglés para idades a partir dos 13 anos. Os grupos serán moi reducidos porque as clases serán moi prácticas e interactivas para mellorar...

Programa xuvenil de actividades xullo- agosto

18-06-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abrirá este venres 19 de xuño o prazo de inscrición para participar nas actividades xuvenís programadas para o mes de xullo e agosto de 2020. As actividades este ano cambian o seu formato en canto a número de prazas e funcionamento para adaptarse ás condicións establecidas polas autoridades sanitarias en relación á situación derivada pola COVID-19. Para...

Penso, logo existo... en galego! Soutomaior conmemora o día das Letras Galegas 2020

11-05-2020 / Xuventude

Co gallo do Día das Letras Galegas que se conmemora o día 17 de maio o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove esta campaña nas que se relaciona comunicación, tecnoloxía, mocidade e lingua galega. A campaña pretende dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións diarias e no uso das redes sociais...

XIII edición do certame literario “ Verbas para…comunicar”

17-01-2020 / Verbas para... comunicar

Un ano máis, e xa  van trece, as mellores plumas novas de Soutomaior teñen ocasión de mostrar a súa valía no certame literario “ Verbas para…comunicar”. Organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este certame pretende potenciar o uso da lingua galega, o seu gran valor literario e...

TV Concellería de Xuventude