fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 09 Xaneiro 2018 18:44

Prepárate para obter a ESO

Prepárate para obter a ESO

O Concello de Soutomaior convoca unha nova edición do curso preparatorio para a obtención da ESO. O prazo xa está aberto desde fai uns meses e quedan as  últimas prazas vacantes para participar neste curso. Esta actividade vai dirixida a persoas maiores de 18 anos que non tendo a titulación da ESO queiran prepararse para obter este título presentándose ás probas libres que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia convoca cada ano. Durante as clases prepararanse os tres ámbitos: social, comunicación e científico tecnolóxico. As persoas interesadas poden recibir máis información e asesorarse na OMIX. As clases comezan o 25 de xaneiro e o horario será os luns e xoves de 18.30 a 20.30 h no Multiusos.

 


Publicado en Mocidade
Visto 2429 veces