Venres, 12 Xaneiro 2018 20:05

Iniciamos 2018 con novas actividades

Iniciamos 2018 con novas actividades

O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades.

Nestre primeiro trimestre do ano despegamos con actividades de formación dirixidas á formación para o emprego e á adquisición de competencias de utilidade para a vida diaria facilmente transferibles aos diferentes ámbitos: persoal, social e laboral. Para a adquisición de titulacións básicas comezamos cun curso de preparación para obter  o título da ESO dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen participar no proceso de probas libres convocado pola Xunta de Galicia. No ámbito social e educativo propoñemos un curso de primeiros auxilios de utilidade para entornos educativos formais e non formais. Máis dirixido á procura de emprego convócase o curso de teleoperado/a de 60 h con prácticas en empresas, para o cal non se esixe ningunha titulación de partida e que pode ser interesante para aprender a desenvolver un posto de traballo que ten bastante demanda. Continuamos co curso de monitor/a de tempo libre de 350 h que vai dirixido a maiores de 18 anos e que tamén é unha formación enfocada ao emprego con alta demanda entre o colectivo xuvenil porque permite compaxinar estudios e emprego no eido do lecer e tempo libre. Ofertamos con en todos os trimestre a posibilidade de obter o carné de manipulación de alimentos, programado para marzo.

Ademais, da proposta formativa neste trimestre tamén abrimos o prazo para inscribirse na comparsa municipal que este ano incorpora cambios e moitas sorpresas. Vai dirixida a todas as idades e haberá posibilidade de escoller disfraz en función de gustos e idades.

O prazo de inscrición para todas as actividades xa está aberto. As persoas interesadas poden informarse e inscribirse na OMIX.

 

 


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:

2018-1-Trimestre-BIX-Xuventude.pdf (811 Descargas)
Visto 2722 veces


Concellería de Xuventude

XIX Concurso de Postais e Felicitacións …

20-11-2020 Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca a XIX edición do Concurso de Postais e Felicitacións das festas de Nadal e Aninovo co que se pretende promover a reflexión sobre o significado...

Campaña "Heroínas e Heroes con máscara"

12-11-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior con esta campaña dirixida á mocidade quere promover a sensibilización sobre o uso da máscara cando compartimos espazos con outras persoas coas que non convivimos e non podemos manter a distancia de seguridade. Aínda que non é o único  elemento preventivo fronte á pandemia COVID-19 é un dos importante para evitar os contaxios e que se...

Actividades de Xuventude para o 4º trimestre. Prazo aberto desde 1/09/2020

19-08-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición en liña das Escolas de Teatro, Debuxo e Pintura, Guitarra española, Latinos, Danza do Ventre e Danzas Urbanas HIP HOP. Este ano tamén se convoca a actividade de inglés para idades a partir dos 13 anos. Os grupos serán moi reducidos porque as clases serán moi prácticas e interactivas para mellorar...

Programa xuvenil de actividades xullo- agosto

18-06-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abrirá este venres 19 de xuño o prazo de inscrición para participar nas actividades xuvenís programadas para o mes de xullo e agosto de 2020. As actividades este ano cambian o seu formato en canto a número de prazas e funcionamento para adaptarse ás condicións establecidas polas autoridades sanitarias en relación á situación derivada pola COVID-19. Para...

Penso, logo existo... en galego! Soutomaior conmemora o día das Letras Galegas 2020

11-05-2020 / Xuventude

Co gallo do Día das Letras Galegas que se conmemora o día 17 de maio o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove esta campaña nas que se relaciona comunicación, tecnoloxía, mocidade e lingua galega. A campaña pretende dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións diarias e no uso das redes sociais...

XIII edición do certame literario “ Verbas para…comunicar”

17-01-2020 / Verbas para... comunicar

Un ano máis, e xa  van trece, as mellores plumas novas de Soutomaior teñen ocasión de mostrar a súa valía no certame literario “ Verbas para…comunicar”. Organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este certame pretende potenciar o uso da lingua galega, o seu gran valor literario e...

TV Concellería de Xuventude