fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 20 Marzo 2018 19:10

Encontro da mocidade en San Simón: Vinte mil leguas de viaxe submarino, 2018

Encontro da mocidade en San Simón: Vinte mil leguas de viaxe submarino, 2018

O Concello de Soutomaior publica as bases para participar no Encontro da mocidade que se realizarán en San Simón desde o 20 a 23 de agosto de 2018. 

Con este programa o Concello fai unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción dirixida á mocidade do municipio  para que participe en contextos informais e espazos naturais co fin de  traballar temas culturais que lles resulten de interese mediante a aplicación de metodoloxías lúdicas e creativas.

Cada ano o encontro ten unha temática que vai ligada a grandes acontecementos que sucederon ao longo a historia arredor da Illa de San Simón. Nesta ocasión a temática estará baseada na novela de Julio Verne Veinte mil leguas de viaje submarino. Os/as participantes atoparanse durante a súa estancia en San Simón con Aronnax, co Capitán Nemo e terán ocasión de coñecer todos os segredos do Nautilos. Tamén haberá outras aventuras e sorpresas nas que os mozos e mozas de Soutomaior construirán a súa historia a través do seu paso por San Simón.

Vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos (ambas incluídas). O número de prazas total será de 54 prazas aínda que o grupo subdividirase en dous atendendo ás idades das persoas inscritas. O número de prazas por grupo será de:

  • 28 prazas para participantes de idades comprendidas entre os 12 e14 anos
  • 26 prazas para participantes de idades comprendidas entre os 15 e 17 anos

O Concello de Soutomaior organizará ás persoas inscritas por idades. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas ofertadas nalgún dos grupos, estas prazas vacantes acumularanse automaticamente ao outro grupo si hai persoas en lista de agarda. Cada grupo contará cun programa de actividades deseñado especificamente para as súas idades  pero todos os días participarán tamén en actividades conxuntas para atender a propia filosofía do encontro.Durante este encontro traballarase por grupos de idade, segundo o desenvolvemento evolutivo das persoas participantes. Utilizarase unha metodoloxía lúdica, dinámica e divertida na que se fomentará o traballo en equipo e a cooperación baseada en todo momento no xogo e a diversión como método didáctico para que as persoas participantes sexan as verdadeiras protagonistas.

O importe final que deberá pagar a persoa interesada é de 50 Euros/empadroados-as e de 145 euros non empadroados/as (soamente poderán participar no caso de quedar vacantes e sempre que previamente se cubran como mínimo 25 prazas por persoas empadroadas). Tamén  haberá 4 prazas de balde destinadas a menores empadroados/as que acrediten unha situación de risco ou exclusión sociasl. Haberá outros descontos ou bonificacións soamente para empadroados/as que se poden consultas na web do Concello ou na OMIX.

Que prazo hai para presentar a solicitude?
O prazo abrirase o 24 de abril e pecharase o 31 de maio de 2018.

Máis información e inscricións:
Concellería de Xuventude  - OMIX
r/Peirao, 8 – Centro Multiusos - Arcade
Tel. 986700822 – Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.      www.soutomaior.com

O modelo de solicitude estará a disposición das persoas interesadas na OMIX e tamén poderá descargarse na páxina www.soutomaior.com


Publicado en Mocidade
Visto 2990 veces