• Campionato Galego Infanil Kick Boxing

    Este domingo día 23 de maio celébrase no Pavillón Municipal A Montesiña el Trofeo Concello de Soutomaior de Kick Boxing.

    Validado como Campionato Galego Infantil sen contacto (para nenos e nenas de 3 a 11 anos onde as competicións adoitan ser executadas con xestos técnicos moi ben controlados.

    Organizado polo Kick Boxing Club Arcade coa supervisión da Federación Galega de Boxeo e a colaboración do Concello de Soutomaior, espérase participen mais de 200 deportistas chegados de toda a comunidade autonóma.

    O horario será dende as 11 ata as 14,30 Horas e a á parte da competición prevista, haberá unhas exhibicións de Kick Boxing Infantil cuxos protagonistas serán os integrantes do club Kick Boxing Arcade, club longamente galardoado en distintos campionatos de Galicia e de España

 
  • IV Aberto de Tenis e Padel 2013

    IV Aberto de Tenis e Pádel Soutomaior 2013

    Pistas do Pavillón municipal A Montesiña do 1 ao 7 de xullo

    Organizado polo Club A.D.Tenis e Padel Soutomaior e coa colaboración do Concello, ábrese o prazo de inscrición do IV Torneo aberto de Padel e Tenis.

    O torneo de Tenis será en categoría individual ,o torneo de Pádel será Masculino, Feminino e Mixto Haberá dúas categorías para o cadro masculino A e B e todas as categorías disputaranse por eliminatorias con cadro de consolación.

    As inscricións dende o 17 a 28 de Xuño na instalacións do Pavillón Municipal e alí mesmo celebrarase o sorteo o 29 de xuño ás 20,00 Horas

    Todos os participantes recibirán un obsequio e o prezo de inscrición é de 5 € para os socios do Club A.D.Tenis e Padel Soutomaior e 15 € para os non socios.

     Para máis información no teléfono 618373411 ou na páxina do club: https://www.sites.google.com/site/tpsoutomaior/

 
  • Remata o prazo de inscrición das Actividades de Verán 2013

    Remata o prazo de inscrición das Actividades de Verán 2013

     Este martes día 18 de xuño finaliza o prazo de inscrición das Actividades de Verán 2013.

    O Concello de Soutomaior espera participen mais de 300 nenos e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

    As inscricións pódense realizar no Concello, Pabellón,Biblioteca e Omix. O prezo é de 10 € por participante.

    7 Monitores acompañasen a cada grupo nas súas actividades parte dos monitores propios de cada actividade. Distribuiranse os participantes en 5 grupos por idade.

 
  • Festival de Patinaxe

    Festival de Patinaxe.

    Este venres día 14 de xuño a partir das 19,30 Horas no Pavillón Municipal A Montesiña celebrarase o Festival de Patinaxe organizado polo Club Patinaxe Artística Soutomaior coa colaboración do Concello de Soutomaior.

    Actuarán xunto co club organizador as Escolas Deportivas de Patinaxe do Concello de Soutomaior, o Club Bolboreta de Redondela e o Club Patinaxe Aguia de Vigo.

    Animamos a todos para que asistan a este Festival e así poder ver estes clubs de patinaxe que están a obter distintos éxitos nos diversos trofeos e campionatos que se celebran en Galicia.

 
  • Actividades de Verán 2013

    O Concello de Soutomaior pon en marcha as Actividades de Verán 2013.

     Iniciado o período de inscrición ata o 18 de xuño, o Concello de Soutomaior dá o primeiro paso para poñer en marcha as Actividades de Verán 2013 onde se espera participen mais de 350 nenos e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

    As inscricións pódense realizar no Concello, Pabellón,Biblioteca e Omix. O prezo é de 10 € por participante.

    7 Monitores acompañasen a cada grupo nas súas actividades parte dos monitores propios de cada actividade.

    Distribuiranse os participantes en 5 grupos por idade.

    As Actividades presentaranse aos participantes o sábado 29 de Xuño ás 12,00 Horas no Multiúsos de Arcade onde se distribuirán os folletos coa programación da 1ª semana

 


Page 1 of 83

Axenda Municipal


  • Prazo de inscrición: durante todo o ano

Multiusos de Arcade, OMIX Telf.: 986 700 822 ou enviando un e-mail a omix@soutomaior.com

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

+ INFO