Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Educación Últimas prazas! 

 

17-horta-urbana-ecoloxica.jpeg

Horta Urbana Ecolóxica 2018

INSCRICIÓN EL LIÑA

Inscricións ata: Martes, 24. April 2018
Do: 02-05-2018 ó: 31-12-2018
Horarios: Horarios libres
Destinatarios/as: +18 (menores rexistrados)
Prazas: 4 prazas vacantes
A inscrición en: OMIX (Multiusos)
Lugar actividade: Parceliña de Arcade

18-compromiso-horta-urbana-ecoloxica.pdf

Documentos a entregar:
- Fotocopia do DNI, - Acordos e Compromisos de Participación (descarga adicional*), - Si rexistrou menores de idade, copias dos seus DNI, - Inscrición asinada polo/a solicitante

 

Presentación

O proxecto é unha proposta para persoas que buscan unha formación en relación coas necesidades e os recursos do sitio onde se decide vivir, de forma que se dependa o menos posible de recursos externos. Nos nosos territorios temos a posibilidade do aproveitamento de recursos naturais presentes a partir de "recursos custo cero" como poden ser o acceso a terras sen cultivar e fomentar actividades de desenvolvemento no sector da agricultura ecolóxica e transformación en produtos elaborados, reciclaxe de residuos, ecoagroturismo e outros, dándolle un valor engadido, que son o coidado do territorio e a conservación da identidade e cultura, de maneira sostible tanto económica, coma socialmente. 

A metodoloxía que se empregará será eminentemente práctica e participativa. Mediante a creación dun ambiente de cooperación, acción que leven ás persoas participantes ao recoñecemento da infinidade de posibilidades que ofrece a agricultura ecolóxica.  Durante o proxecto contémplase a organización de xornadas de formación dirixidas aos hortelanos/as así como titorías puntuais de supervisión.

 

A quen vai dirixido 

Persoas que queiran aprender e experimentar a opción de cultivar e obter hortalizas ecolóxicas sen impacto no medio así como consumir produtos máis sans 

 

Obxectivos 

Potenciar o cultivo e consumo de produtos de proximidade, ecolóxicos, de temporada mediante técnicas respectuosas co medio ambiente. Fomentar hábitos alimenticios saudables. Dar a coñecer a cultura rural tradicional da zona. Fomentar o respecto pola terra e pola vida. Concienciación sobre a nosa aptitude cara ao medio ambiente. Implicación, responsabilidade e compromiso na xestión da horta. Fomentar o traballo en grupo, a planificación das actividades e labores da horta. 

 

 

Horta Urbana

 

Unha horta municipal cun carácter formativo, de esparcemento, de sensibilización ambiental e de consumo responsable.

 

 

Educación

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
Horarios: Luns a venres de 15,30 h a 20,30 h agás os Mércores de 9,00 a 14,00 h

 

Hits : 430