Efecto dominó
Entre  Ríos
Participar no proxecto implica que se recuperen boas prácticas ambientais, poñer en valor os recursos naturais e medio ambientais e ser axentes sensibilizadores para chegar ao maior número de persoas.

Descrición do proxecto:

Trátase dun proxecto educativo e de sensibilización medio ambiental cuxas accións están focalizadas no territorio no que viven as persoas que participan. Tomamos como referencia os ríos Oitaven e Verdugo ao seu paso polo Concello de Soutomaior.

Un proxecto que nace da necesidade de actuar debido á forte presión exercida pola afluencia de visitantes, cada ano maior, que acoden ás zonas de recreo das beiras destes ríos, fundamentalmente nas tempadas de primavera e verán, onde a acumulación de persoas deixa unha pegada contaminante moi alta.

Consideramos importante implicar á mocidade para educar desde as idades máis temperás e facelas/os partícipes desde o coñecemento dos recursos que os rodean, para que participen nas iniciativas de sensibilización e se impliquen na conservación asumindo a responsabilidade de transmitir estes valores a outras persoas.
Image
Image

Para que?

Image
O obxectivos xerais deste proxecto son:

  • Implicar ao alumnado no desenvolvemento das actividades de sensibilización.
  • Poñer en valor os recursos naturais do municipio.
  • Promover que a mocidade tome conciencia da gravidade do problema da contaminación nos ríos provocada pola acción humana.
  • Fomentar actitudes e comportamentos respectuosos cara o medio ambiente.
  • Poñer en marcha boas prácticas ambientais e actuar como axentes sensibilizadores

Que e como o facemos?

Image
O que facemos son actividades de educativas, creativas e de acción sensibilizadora vinculadas ás diferentes áreas de coñecemento, ás competencias concretas e á educación en valores.

Facémolo en varias fases:

Cando o facemos?

FASE 1: Charlas nos centros en marzo: alumnado de 6º primaria e alumnado de 1º ESO
FASE 2: Roteiros abril e xuño: alumnado de 6º de primaria e alumnado de 1º ESO.
FASE3: Elaboración de dossier meses de xuño e xullo (entrega de exemplares ao alumnado e as centros participantes en setembro).

Quenes o facemos?

Promove e coordina:
Concellería de Educación e Medio Ambiente e OMIX do Concello de Soutomaior.

Colaboran e participan
:
IES Soutomaior (alumnado 1º ESO do IES Soutomaior)
Colexio Santiago Apostol (alumnado de 6º primaria)
*Departamentos de Bioloxía e profesorado de ambos centros educativos.

Financia:
Concello de Soutomaior e Fondo de Compensación Ambiental. Xunta de Galicia.
Image

Os carteis que sensibilizan

Image

NOVAS

Efecto Dominó. Proxecto Ríos Concello …

25-03-2021 Efecto dominó: Entre Ríos

Aproveitando que o 22 de marzo é unha data tan significativa pois é o día escollido para conmemorar o Día Mundial da Auga iniciamos a campaña "Efecto Dominó, entre ríos"...

Image