Ensino
Ensino +
Axenda Ensino
OBRADOIROS
Do: 01-05-2024
ó: 31-12-2024
ata: 31 Dic 2024
Viernes 17 May 2024Día das Letras Galegas |
O Concello de Soutomaior presentou este domingo un novo programa educativo e xuvenil "ColeRoteiros" camiños escolares en Soutomaior dirixido a facilitar que nenos e nenas e mozos e mozas poidan ir aos centros escolares do municipio en bici ou andando. Ten como fin impulsar hábitos saudables, practicar deporte, contaminar menos e favorecer a participación comunitaria a través da adquisión de hábitos de acompañamento e seguridade mediante o Volunvial. Na primeira fase do programa establecese un calendario de "Rotiquedadas" que serán as saídas programadas para ir todos xuntos ao cole. Nestas saídas o alumnado inscrito no programa irá acompañado por monitores/as que os guiarán dun xeito seguro ata os centros e que os recolleran nos centros para regresar de novo a casa despois da xornadar escolar. Ademais, do acompañamento tamén se establecerán unha serie de medidas de seguridade que estarán coordinadas por varios efectivos como a Policía Local entre outros. Ás persoas inscritas tamén se lles entregará un ROTIKIT co material necesario para que durante os percorridos poidan facerse visibles con brazaletes relfectantes, etc.
As persoas interesadas en participar neste programa poderán inscribirse na web municipal https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-educacion/coleroteiros
Nesta web tamén se poderá consultar información máis detaiada sobre o programa.
Este domingo tamén tivemos a ocasión de coñecer a ROTI, a mascota do programa que se encargará nas vindeiras semanas de informar a veciños e veciñas, alumnado, comercios, etc.. Tamén podedes informarvos na OMIX sobre o programa e resolver as dúbidas que poidades ter.
Este é un programa para todas as idades porque aínda que non estés en idade escolar tamén podes colaborar como voluntario/a acompañando, informando ou nos puntos de seguridade dos ColeRoteiros. Faite amigo/a do programa contribuíndo así a que a xuventude poida disfrutar indo ó cole facendo amizades, charlando, adquirindo hábitos saudables, compartindo, responsabilizándose, gañando en autonomía de xeito seguro, practicando deporte, etc.
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +