Que é
QUE É
“Deseñando o teu futuro” é un proxecto de educación non formal de estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles axude a tomar decisión sobre o seu futuro profesional. Este programa nace dunha iniciativa da Xunta de Galicia no ano 2015.
Obxectivos
OBXECTIVOS
-
Aproximación dos/as mozos/as ás distintas tipoloxías de postos de traballo existentes no mercado laboral.
-
Axudar á mocidade na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “ a realidade da empresa” previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional.
-
Achegar aos mozos e mozas ao mundo sociolaboral.
-
Apoiar aos mozos e mozas participantes en actividades de formación para adquirir coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.
-
Ofrecer á mocidade unha experiencia de educación non formal para o desenvolvemento de coñecementos, aptitudes e competencias.
Destinatarios/as
PERSOAS DESTINATARIAS:
mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos no momento de presentar a solicitude. Teñen preferencia no programa as persoas empadroados no Concello de Soutomaior.
O número de prazas é de 30 como máximo e mínimo 15