O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realiza desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este programa consiste en ofrecer unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción entre a mocidade do municipio en contextos informais e espazos naturais para traballar temas culturais que resulten de interese para a mocidade mediante metodoloxías lúdicas e creativas. Nesta ocasión a temática estará baseada no cinema cunha particular visión o CINEMA 3.0. As persoas participantes atoparanse durante a súa estancia en San Simón cun prató de cinema xa que a cinefilia, impregnará todas as actividades e terá presente a historia da Illa poñendo en valor o seu patrimonio material e inmaterial.
Durante este encontro traballarase por grupos de idade, segundo o desenvolvemento evolutivo dos participantes. Vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos.
Utilizarase unha metodoloxía lúdica, dinámica e divertida na que se fomentará o traballo en equipo e a cooperación baseada en todo momento no xogo e a diversión como método didáctico para que as persoas participantes sexan as verdadeiras protagonistas. Algunhas das actividades que se realizarán serán: concurso de interpretación de películas, xincana de Cinema, Cinema Trivial, obradoiros de caracterización, Keysroom scape, cluedo, gravación de curtas, etc.
O prazo de inscrición estará aberto desde o 20 de xuño ata o 17 de xullo. A inscrición realizarase EN LIÑA na web:
Unha vez feita a inscrición haberá que entregar na OMIX antes do 12 de xullo o resto de documentación. A información xeral desta actividade estará na web de inscricións e tamén na web www.soutomaior.gal
Máis información na OMIX, Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Tel. 986 700 822