O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os/as antigos/as celtas celebrábano nese momento de transición do estío ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos. Co fin de recuperar e poñer en valor as nosas festas populares e a tradición cultural de Galicia a Concellería de Xuventude programa unha serie de actividades co fin de promover a participación activa dos mozos e mozas pero tamén de todos os veciños e veciñas do Concello de Soutomaior como unha gran festa interxeneracional.
O programa deste ano inclúe novidades como o concurso de selfies que estará aberto desde o día 31 de outubro ata o 3 de novembro, a actividade truco-trato orientación especial samaín que se realizará o mércores 31 de outubro ou as actividades do sábado 3 de novembro que este ano serán xogos populares, maquillaxes, maxia cómica e animacións de rúa a cargo de Troula.
Para a de truco- trato hai que inscribirse previamente ata o 26 de outubro.
CONCURSO “SAMAIN SELFIES SOUTOMAIOR 2018”
-
Datas: 31 de outubro a 3 de novembro de 2018
Web de participación: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/concurso-samain-selfies-2018
"ORIENTACIÓN ESPECIAL SAMAÍN"
-
Data: mércores 31 de outubro
-
Horario e lugar: inicio ás 19.00 h en Talorío
-
Inscricións previas: EN LIÑA ata o 26 de outubro de 2018
A Santa Compaña, coincidindo coa celebración do Samaín ó seu paso por Soutomaior, perdeu a un dos seus membros despois de que un trasno malvado lle indicase mal cal era o camiño a seguir. Todas as persoas que queiran participar neste reto terán que enfrontarse a diversas probas sinaladas nun mapa para atopar as pistas que nos conducirán a este trasno e así localizar a alma errante da Santa Compaña.
Inscrición Orientación Samaín: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/1687/truco-ou-trato-samain-orientacion
"A GRAN CELEBRACIÓN"
-
Data: sábado 3 novembro
-
Lugar: Alameda Talorío
17.30 a 18.30 Xogos populares
17.30 a 19.30 Maquillaxe de medo
17.30 a 20.30 Pasadizo do terror
18.30 a 19.30 Especial maxia cómica.
19.30 a 20.45 Pasarrúas a cargo de TROULA: SUB-UMBRA
21.15 h Entrega de premios CONCURSO “SAMAIN SELFIES SOUTOMAIOR 2018
A partir das 18.30 Tren asador de CASTAÑAS - DEGUSTACIÓN DE BALDE!
Toda a información poderase atopar na web: www.gabinetesoutomaior.com onde tamén vos poderedes inscribir en liña. Calquera dúbida podedes contactar coa OMIX, 986700822 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.