O Concello de Soutomaior promove a XVIII Edición do Conncurso de Postais e Felicitacións de Nadal co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega. O prazo de presentación para todas as modalidades REMATARÁ O LUNS 16 DE DECEMBRO ÁS 13.00 HORAS na OMIX.
-
A temática será o Nadal: felicitacións, imaxes propias destas festas, entrada no novo ano, mensaxes solidarias,... Interpretación libre, creativa e orixinal.
-
Si a postal ou felicitación ten texto ou audio, deberá seren galego.
-
Idades a partir de 2 anos.
-
Cada persoa presentará unha única postal ou felicitación, que deberá ser inédita e non estar suxeita a dereitos de autoría.
-
A técnica será libre pero deberá encaixar nalgunha das modalidades propostas.
Estableceranse estas MODALIDADES PARA O FORMATO DE POSTAIS e varias categorías de idades:
POSTAIS- MODALIDADE SIMPLE (sen volume):
-
Categoría A: idades de 2 a 4 anos
-
Categoría B: idades de 5 a 8 anos
-
Categoría C: idades de 9 a 12 anos
-
Categoría D: idades de 13 a 17 anos
-
Categoría E: a partir de 18 anos
*As postais simples que ó abrirse adquiran pouco volume considéranse MODALIDADE SIMPLE.
POSTAIS- MODALIDADE TRIDIMENSIONAL - VOLUMINOSA (con volume, altura, anchura e profundidade).
-
Categoría T1: 5 a 8 anos
-
Categoría T2: 9 a 12 anos
-
Categoría T3: 13 a 17 anos
-
Categoría T4: a partir de 18 anos
FORMATO FELICITACIÓN AUDIOVISUAL:
Participar no concurso enviando unha felicitación de Nadal ou de aninovo presentando un vídeo que pode conter: imaxes, son, textos, animacións, etc.
FELICITACIÓN AUDIOVISUAL - MODALIDADE ÚNICA
-
Categoría AUDIOVISUAL1: 9 a 12 anos
-
Categoría AUDIOVISUAL 2: 13 a 17 anos
-
Categoría AUDIOVISUAL 3: a partir de 18 anos
Requisitos DOS VÍDEOS
-
Duración máxima 3 minutos.
-
No caso de ter texto ou audio estará en lingua galega.
-
Os contidos deben facer referencia á temática deste concurso “Felicitación de Nadal/Aninovo desde Soutomaior”
-
Pode presentarse de xeito individual ou grupal
-
É IMPORTANTE consultar as bases para ter en conta os volumes e tamaños dos traballos que se presente. Nas bases ademais xa se indican todas as condicións de participación así como os premios.
-
Para calquera dúbida poden contactar coa OMIX, Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou en 986 700 822