O Concello de Soutomaior convoca novos cursos de formación en varias áreas profesionais co fin de adaptar a formación deste trimestre ás diferentes necesidades das persoas e tamén ás demandas do mercado co fin de mellorar a empregabilidade da poboación xuvenil e de todas aquelas persoas que estén na procura de emprego activa ou queiran continuar formándose para ampliar o seu currículo. Dadas as actuais circunstancias derivadas da pandemia COVID-19 a formación fundamentalmente será en liña agás naqueles cursos nos que se realicen prácticas en empresas nos cales a metodoloxía será mixta combinado clases presenciais con formación en liña. Na información específica para cada curso xa de indican horarios, modalidades, datas, horas de prácticas, contidos, etc. Os cursos ofertados van dirixidos a persoas a partir dos 16 anos. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente EN LIÑA na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
Os cursos ofertados son:
Curso de internet para procurar emprego (10 h)
Curso de operario/a de almacén (modalidade mixta) (40h teóricas + 50h prácticas en empresas con bolsa aberta de contratación)
Curso de alimentación e dietética (en liña) (40 h)
Curso oficial de Monitor/a de Tempo Libre (350 h)
Na web de inscrición ben detaiada toda a información de cada cursos e os pasos a seguir para realizar o pago das cotas correspondentes.
Para calquera dúbida poden contactar coa OMIX nos números 986700822, 638822868 ou ben por correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
DESCARGA O PDF:
2o Trimestre BIX Xuventude 2021