As Concellerías de Xuventude e de Educación de Soutomaior ofertan para este verán unha proposta educativa e lúdica de lecer e tempo libre responsable para que a mocidade poida gozar do verán como se merece e dun xeito seguro!
Na proposta inclúense actividades como as de manterse en forma: bailes variados, bailes do mundo ou aquagym en diferentes lugares do municipio para as cales non fai falla inscribirse previamente. Os aforos cubriranse por orde de chegada á actividade.
Tamén haberá un obradoiro relacionado coas redes sociais o "Social Pelegrin" orientada á dinamización en Instagram do Camiño de Santiago para introducirse na creación de filtros de Realidade Aumentada para Facebook e Instagram no cal hai que inscribirse previamente e que será impartido por CEO ABERTO.
E, por outra banda, está a proposta de campamentos contando este ano con dous: o de Inmersión lingüística nos Peares e o Encontro da Mocidade "Influencers polo cambio" que nesta ocasión se desenvolverá en Mondariz Balneario. Para ambos haberá que inscribirse previamente e as prazas serán limitadas (50 prazas en cada un). Dirixidos a mozos e mozas de 12 a 17 anos, nos que haberá dous grupos diferenciados por idades cunha proposta adaptada a cada grupo.
En xullo, tamén terá lugar o Festiva SoutoMareiro no que actuarán Sheila Patricia e Laura Lamontagne & Pico Amperio, artistas de actualidade no panorama musical de vangarda en Galicia.
En todas as actividades cumprirase coa normativa vixente en materia de tempo libre e os protocolos correspondentes da Xunta de Galicia para poñer en marcha en todas as actividades as medidas de seguridade e prevención contra a COVID-19 para que a mocidade participe dun xeito seguro nas actividades.
Máis información sobre estas actividades en:
https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
Calquera dúbida poden contactar coa OMIX 986700822 - 638822868 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.