O Concello de Soutomaior colabora coa Xunta de Galicia na Campaña de Verán deste ano impulsando este Campo de Voluntariado que se desenvolverá no municipio desde o 16 ata o 27 de xullo de 2021. Con motivo do Ano Santo Xacobeo 2021 e da promoción da iniciativa impulsada pola ONU
dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) promovemos este campo co fin informar e dinamizar a nivel ambiental e social sobre o Camiño Portugués ó seu paso por Soutomaior, que pola súa situación e interese histórico no camiño Xacobeo, preséntase como o lugar perfecto para desenvolver esta actividade: Castelo de Soutomaior, río Verdugo e Oitavén, sendeiros e lugares de interese (Ponte Colgante, Ponte Medieval, Presa do Inferno, gastronomía, praias, cultura etc.) axudando así a poñer en valor o concello da man do traballo voluntario da xuventude galega.
O campo vai dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos interesados e interesadas en participar nunha experiencia medio ambiental, cultural e social a través de obradoiros de formación XACOBEA “EXPRESS” , obradoiros prácticos de contido ambiental, social, histórico e publicitario para poñer en marcha o traballo de acción ambiental e social en lugares emblemáticos do Concello de Soutomaior arredor do Río Verdugo e da Ponte Colgante e Medieval. Labores de “plogging”, información de apoio a peregrinas/os e intervencións locais puntuais, deseño de contidos para difusión temática en RRSS e creación do Blog Soutomaior fai Camiño.
No que tamén terán cabida as ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS durante o campo:
-
Rutas ambientais e históricas a puntos de interese do Concello.
-
Día temático Castelo de Soutomaior.
-
Obradoiros de “igualdade de xéner“, de mitoloxía galega, de relaxación.
-
Xincanas populares.
-
Excursión á Illa de San Simón con ruta mariña en Paddle Surf + piragua.
Custe: 110 € euros xeral e as persoas posuidoras do carné xove, título de familia numerosa ou familia monoparental pagarán 82,50 €.
Inscricións na web ata cubrir prazas: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/campos-de-traballo-inscricion
Prazo: ata 5 días antes das actividade (11 de xullo)
Máis información:
- OMIX Soutomaior. Tel. 986700822 – 638822868, Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
- Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Tel. 981 957 115. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Servizo de Xuventude en Vigo. Tel. 986 817 079