O Concello de Soutomaior comezou hoxe, luns 14 de abril, a posta en marcha do programa "A túa saúde : ti decides".
Trátase dun programa que ten un carácter preventivo e que ten como obxectivo evitar as conductas de risco entre a mocidade en relación á: sexualidade, consumo de sustancias nocivas, malos usos da tecnoloxía e habilidades sociais para a prevención de conductas violentas.
Para impulsar este programa contamos coa colaboración dos centros educativos do municipio que como en anos anteriores inclúen esta programación do seu currículo para atender as necesidades do alumnado en relación a estes temas. Son os centros os que en función das súas necesidades deciden con que idades e grupos queren que se traballe este programa, sendo así máis efectivo. O programa desenvólvese mediante obradoiros quiados por dúas psicólogas que expoñen os contidos e fomentan a participación do alumnado coa finalidade de desmitificar determinadas concepcións en relación á sexualidade, consumo de sustancias, etc.
Este programa desenvolverase nos centros educativos desde o mes de marzo ata o mes de maio. No desenvolvemento deste programa contamos coa colaboración da Asociación Amanina e da Xunta de Galicia.
O CONCELLO DE SOUTOMAIOR