A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nos cursos convocados pola Deputación de Pontevedra dentro do programa DEPORÚARTE. Estes cursos van dirixidos á mocidade da provinvia e especialmente, ás persoas empadroadas no Concello de Soutomaior, en idades comprendidas entre os 14 e 30 anos.
O Concello de Soutomaior ofertas dúas posibilidades para finalmente levar a cabo o que teña unha maior demanda. A mocidade poderá inscribirse no que máis lle interese:
OBRADOIROS:
-
O MUNDO NO PRATO (cociña internacional e típica de todos os países)
-
CURTAMETRAXES CO MÓBIL (realización e edición de curtas)
Como anotarse? Na ficha de inscrición especifica o curso no que te queres inscribir e avisarémoste de cal ten maior demanda (que será o que se faga).
-
Horarios: venres 9, luns 12, martes 13, mércores 14, xoves 15 e venres 16 de setembro de 16 a 20 h (xoves 15 e venres 16 horario ata ás 20,30 h)
-
Prazo de inscrición: ata o 6 de setembro na OMIX, Multiusos (Arcade)
-
Información na OMIX, Tel 986700822 / Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. www.soutomaior.com