O Concello de Soutomaior inicia o programa de actividades a cargo da Concellería de Xuventude que se desenvolverán ó longo deste trimestre que abrangue os meses de outubro a decembro de 2016.
Comezamos coas clases das escolas municipais de índole artística:
Escola de debuxo e pintura, que este ano diversifica a súa oferta formativa en catro grupos e na que participan 42 persoas.
Escola de Teatro na que participan 47 alumnos/as distribuídos nos tres grupos dos que se compón: infantil, xuvenil 1 e xuvenil 2
E, ademais comezan as clases de guitarra os martes con grupo de iniciación, medio - avanzado e intermedio e, tamén, as clases de danza do ventre e de bailes latinos.
As persoas que estén interesadas en participar nestas actividades poderán informarse na OMIX.
Multiusos en Arcade.
Telf 986700822
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.